Cabecera Vide

Halcones de Vigo gana dous partidos na casa

halconesmaio2010No béisbol da División de Honra, os Halcones de Vigo gañaron dous partidos super importantes ao Pamplona, para manterse en bo posto da táboa de clasificación.

O primeiro partido gañárono 4 anotacións por 1; aínda que na segunda entrada os de Pamplona abriron o marcador con 1 carreira, a ofensiva de Vigo dunha vez na terceira entrada respondeu para anotar 2 carreiras e mantívose así o marcador 2 a 1 ata a sétima que foi cando os rapaces sumaron 2 carreiras máis para arrefriar o partido e finalmente gañar 4 anotacións por 1, destacando o labor do lanzador Román Carrasco que unha vez máis dominou os contrarios durante as nove entradas, ponchando a 10 bateadores contrarios; o mellor á defensiva polo Halcones foi Marcos Márquez quen bateó de 4 -2 cun triplo e 2 carreiras impulsadas. Polo Pamplona o máis destacado á ofensiva foi Junior Mejía quen bateó de 3 -1 con 1 impulsada, o lanzador perdedor foi Marcos Castelo.

No segundo partido a contenda foi un pouco máis emocionante xa que houbo máis movemento no marcador, finalmente os Halcones gañaron con lousa de 9 anotacións por 7, desatando unha ofensiva de 14 hits. Os de Vigo fóronse adiante na mesma primeira entrada fabricando 3 carreiras e logo na terceira fixeron 2 máis para poñer o marcador 5 carreiras por 0, pero a resposta do Pamplona na quinta entrada, non se fixo esperar e empataron o encontro a 5 anotacións por lado; no peche desa mesma entrada os Halcones anotaron 3 carreiras para poñer o marcador 8 por 5. Logo na sexta e na sétima os de Pamplona fixeron unha carreira en cada entrada para así achegarse perigosamente no marcador, pero o bo labor do lanzador rapaz José Pimentel, non permitiu que a ofensiva contraria dese máis problemas e logo no peche da oitava entrada Os de Vigo fixeron unha carreira máis para poñer fin ao marcador de 9 carreiras por 7. O lanzador gañador foi José Pimentel, o mellor á ofensiva polos gañadores foi unha vez máis Marcos Márquez quen esta vez bateó de 4 -2 cun dobre e 2 empurradas. Polos de Pamplona o mellor á ofensiva foi Junior Mejía quen bateó de 5 -3 con 2 empurradas; o lanzador perdedor do partido foi Juan Redín.

Así deste xeito os Halcones de Vigo conseguen dúas vitorias importantes para seguir na loita desta División de Honra, a máxima división de España en Béisbol.