rugby copaOs Universidade de Vigo Rugby feminino e sub 14 proclamáronse no día das Letras Galegas campións da Copa Xunta de Galicia nas finais disputadas no campo de Monteporreiro en Pontevedra.  Das catro finais xogadas, o Vigo Rugby conseguiu a vitoria en dous das tres finais que disputou, xa que sub 18 non puido conseguir o triplete ao caer ante Os Ingleses de Vilagarcía nun parello partido por 30 a 17.

O sub 14 en cambio, tras unha grande tempada a nivel galego coa conquista do campionato, o torneo de Gijón a nivel nacional, e o terceiro posto en Madrid, venceu por 52 a 5 aos locais do Pontevedra Rugby Club.

O equipo feminino desquitouse do campionato territorial ante o Lalín Rugby Club vencéndoas por 22 a 5.

Na final senior masculina, na que non participou o Blusens Networks Universidade de Vigo, Os Ingleses levouse o título ao gañar a Pontevedra RC por 19 a 7.

Parabéns do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández.