Cabecera Vide

Éxito do Universidade de Vigo no torneo de Madrid

rugby infantilO combinado sub 14 do Universidade de Vigo Rugby Club conquistou a quinta praza no prestixioso Torneo Internacional de Rugby Infantil 2016 disputado no Campo Central de ia de Madrid, onde se enfrontou aos mellores equipos do panorama nacional, ao Leamington inglés e aos portugueses de Caldas, estes últimos campións do torneo.

Na fase de grupos, disputada na mañá do sábado, o equipo vigués derrotou a Durango por 22-0 e a Alcobendas por un marcador de 12 a 0, caendo no último partido polo liderado do grupo por 29-0 ante Cisneros, equipo que remataría como subcampión, o que impediu aos olívicos acceder ás semifinais do torneo. O domingo, no transcurso da Copa de Prata, acabarían gañando os dous partidos xogados, fronte a Cisneros B por 24 a 0 e contra Alvariza Vella por 10-7.

Tras proclamarse campións da Liga galega e vencer na Gijón Cup, este meritorio quinto posto vén a premiar o esforzo e bo xogo dos vigueses.

Paralelamente ao torneo de sub 14, disputáronse competicións das distintas categorías, presentando o club vigués equipos de sub 6, sub 8, dous equipos en sub 10 e outros dous en sub 12. Os excelentes resultados obtidos en todas elas referendan o bo momento do rugby vigués e o grande traballo que vén desenvolvendo en todas as súas categorías a escola do Vigo Rugby Club, capaz de desprazar á capital 80 nenos e de competir cos mellores equipos nacionais.

En total, o Vigo Rugby Club desprazou 80 xogadores.

Fotografía de Fernando Lago.