joaquin maguna getxo webNos últimos días Norman Maxwell, adestrador do Blusens Vigo Rugby, conversou co xogador Joaquín Maguna para ofrecerlle a posibilidade de viaxar a Nova Zelandia e unirase aos outros 4 xogadores que viaxarán, Javier Abadía, Adolfo Uruburo, Marcos Muñiz e Carlos de Cabo. Por outro lado deuse a coñecer o club no que adestrarán e xogarán no país dos All Blacks.

Aquí o texto de Norman Maxwell:

Presentámosvos o club ao que nos abre as súas portas e acollería os nosos xogadores: o Hora Hora Rugby Football Club de Whangarei na rexión de Northland de Nova Zelandia, fundado en 1920 e que está a só 4 anos de cumprir o seu centenario.

Club con moita tradición con varios títulos no seu haber na competición local. Del saíron moitos xogadores para Northland (seleccionado rexional que participa na ITM Cup) e deu cinco All Blacks, Fred Woodman, Ian Dunn, Glen Taylor, Norm Berryman e ao propio Norm Maxwell. Ademais duns cantos xogadores para Nova Zelandia Maori incluíndo o actual adestrador e bo amigo de Maxwell, Doug Te Puni que se comprometeu a formar e coidar os nosos xogadores.

Hora Hora é coñecido polo seu estilo de xogo moi físico, a súa hospitalidade e o seu forte espírito de club. Machucaranche na batalla no campo pero logo acolleranche e abrazarán nas celebración do terceiro tempo.

Isto non é só unha grande oportunidade para os nosos xogadores de aprender e desenvolver as súas habilidades e coñecemento do rugby senón tamén para coñecer a influencia da cultura do rugby e a súa comunidade dentro da vida cotiá en Nova Zelandia.

Recordámosvos que esta oportunidade está aínda moi lonxe de conseguirse. Necesitamos o voso apoio para conseguila.