blusens quesosTras a reunión mantida o mércores polo comité de disciplina deportiva da Federación Española de Rugby, e lidas as alegacións dos clubs Vigo Rugby Club e o Valladolid Rugby Asociación club, dáselle por gando ao Blusens Networks Universidade de Vigo o partido disputado e suspendido ao rematar a primeira parte ante o VRAC Quesos Entrepinares B en As Lagoas. O resultado é o que reflectía o marcador ao momento da suspensión, é dicir 34 a 0.