vigorc 01Tras once derrotas consecutivas, o Academia Octavio venceu na pista central das Travesas ao Amenabar Zarautz (31-23), rival directo para a permanencia, nun partido onde houbo igualdade na primeira metade e superioridade viguesa na segunda. Os de Jabato achéganse á zona de salvación. Este sábado enfróntanse na cancha do Viveiros Heron BM. Nava, outro rival directo.

O Blusens Networks Universidade de Vigo venceu en Ourense con vitoria por 55 a 12 ante o SilverStorm El Salvador B, nun partido que tivo que disputarse no Campus de a Universidade de Vigo en Ourense, polo mal estado do campo de As Lagoas Marcosende no CUVI, tras as chuvias dos últimos días, os vigueses conseguen unha importante vitoria con bonus con 9 ensaios a favor, e 2 en contra. Esta fin de semana viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Uribealdea KE.

O CD Mosteiro Bembrive venceu ao FS Cuéllar Cojalba (4-2) no terceiro partido que xogaba en 7 días, tras o seu encontro ante o Burela de Copa do pasado martes. Os de Pitu afiánzanse no cuarto posto da táboa de clasificación, con 37 puntos. Esta fin de semana enfrontaranse ao Pizarras Los Tres Cuñados a domicilio, que ocupan o sexto posto con 29 puntos.

Celta Zorka competiu de xeito moi digno na casa do líder Al-Qazeres (70-57) na mañá de onte, aínda que os seus recursos, e sobre todo a súa inferioridade física en posicións interiores, non foron suficientes. A dificultade que presumía o partido constatouse cando cerca xa do final do terceiro cuarto e con 40-39, o equipo local abriu unha brecha no luminoso que poñía costa arriba o desenlace final para as de Cantero. Esta fin de semana as viguesas reciben ao Universidad de Oviedo, o encontro será o sábado 20, ás 17 horas no Pavillón de Navia.

Las Cinco Jotas UB Lavadores perdeu na casa ante o Plastic Omnium (24-27) e suma xa a súa quinta derrota consecutiva. Partido dende o principio con superioridade dos de Redondela. Esta fin de semana os vigueses xogarán na cancha do OAR Coruña.

O Magope Seis do Nadal-Coia caeu derrotado no derbi ante o Construcións castro BM. Chapela (23-29) nun partido onde mantívose a igualdade durante os cinco primeiros minutos pero en canto o equipo redondelano axustou a súa defensa, abriu unha diferenza de catro goles que xa administrou sen problema ata o descanso. A segunda parte foi un querer e non poder do Magope, que se atopou con moitas dificultades para bater a meta defendida por Suso Soliño. Esta semana os de Coia enfrontaranse ao Vitaldent BM. Pontevedra na cidade do Lérez.

E o Xuvenil Teis coa súa derrota certificou o descenso na casa ante La Curtidora (0-3) a falta de dúas xornadas para concluír a tempada. O equipo de Teis non foi capaz de manter unha sorte de bo xogo, brillando só en xogadas illadas. Os parciais foron curtos en todos os sets. Con esta derrota as de Teis terán que esperar a ver se en verán non se cobren as prazas da Superliga 2 e poder recuperala. Esta semana haberá descanso ligueiro.

A fotografía corresponde ao encontro entre o Blusens Networks Vigo Rugby e El Salvador B. Fotógrafo: Carlos Alonso Percy.