campo cuviAproveitando o descanso ligueiro desta fin de semana, o Blusens Networks Universidade de Vigo disputará este sábado o partido suspendido correspondente á segunda xornada de liga ante o SilverStorm El Salvador B. O partido, debido ao mal estado do campo de As Lagoas Marcosende, polas chuvias continuas caídas dende o pasado sábado cando se debeu suspender o partido ante o outro equipo pucelano, o VRAC Quesos B, disputarase no campo de rugby do Campus Universitario da Universidade de Vigo en Ourense.

Houbo que buscar alternativas para disputar este encontro e tras a solicitude realizada á Universidade de Vigo para atopar unha alternativa confirmouse o citado campo. Desta forma o equipo de Valladolid tamén terá menor desprazamento e por a tanto o encontro dará comezo ás 18.30 h, unha hora pouco habitual para o conxunto vigués.

En canto á composición do equipo Maxwell quedou conforme co xogo realizado polos xogadores o pasado sábado, cando lle endosaron un 34 a 0 nos 40 minutos que puideron disputarse en As Lagos, e sacará os mesmos titulares: Jesús Moure, Vicente Prieto, Marcos Muñiz, Fernando Filgueira, Carlos López, Javier Abadía, Victor Salgado, Maka Tatafu, Joaquín Maguna, Adolfo Uruburo, Valentín Gutiérrez, Alvaro Caride, David Riveiro, David Losada e Carlos de Cabo. Os suplentes serían os mesmos coa novidade polo regreso do segunda liña vilagarciano Marcos Vicente Romero, ademais de Mauro Oliveira, Juan M. Rodríguez, Daniel Rodríguez, Ignacio Villegas, Keven dá Silva e Santi Lemos.

O partido polo tanto será a partir das 18.30 h no Campus Universitario da Universidade de Vigo en Ourense.

Resolución sobre o partido suspendido o 6 de febreiro

O comité de competición solicitou tanto ao Vigo Rugby Club como ao club Valladolid Rugby acordar continuar coa disputa do segundo tempo do partido suspendido en As Lagoas Marcosende a pasada fin de semana, cando o Blusens Networks Universidade de Vigo vencía por 34 a 0, con 6 ensaios, antes de que o campo quedase anegado e o vento e a chuvia fixesen impracticable o xogo. Agora son ambas as dúas direccións deportivas as que deben acordar data, hora e lugar a reanudación, que se iniciará dende o minuto 40, a pesar dos intentos do club valisoletano por xogar o partido dende o minuto cero, sen o resultado parcial que conseguira o conxunto vigués.

Suspensión da concentración de Escolas de Rugby no CUVI

Dadas as malas condicións dos terreos de xogo do CUVI e que as previsións metereológicas para esta semana indican que o tempo non vai mellorar, suspéndese a concentración de escolas prevista para este sábado día 13 de febreiro.