Celta CortegadaEl Olivo, Celta Zorka, Las Cinco Jotas e Magope vencen na súa volta á competición tras o parón do Nadal, perden Octavio e Blusent Networks. O Academia Octavio segue sin atopar a vitoria. Caeu derrotado en Travesas frente ao Alcobendas (20-25) nun partido que comezou mandando no marcador pero os visitantes foron de menos a máis e acabaron dominando.

Os de Jabato non deixaron de pelexar pero perderon os dous puntos e afástanse aínda máis da salvación. Esta semana volven xogar na casa, recibirán ao Covadonga o domingo 17, ás 12 h. na pista central do Pavillón das Travesas.

O outro derrotado da fin de semana foi o Blusens Networks Universidade de Vigo que se viu sorprendido no seu desprazamento a Pucela por El Salvador B (25-19) que no minuto 24 xa ía gañando por 15 a 0, e malia o intento de recuperación na segunda parte, xa definira o partido a falta de 20 minutos para o final. Esta fin de semana enfrontaranse ao Peña La Única RT a domicilio.

O Magope Seis do Nadal-Coia mantense na pelexa dos equipos que aspiran a xogar a fase de ascenso. Un gol de vaselina de David Costa, sobre o asubío final, permitiulle sumar os dous puntos ante o Acanor Atlético Novás (22-21), reducir a 3 a diferenza co equipo que adestra Jota e ascender o sexto posto da clasificación. Esta fin de semana enfrontarase ao Gránitos Ibéricos, o encontro será o sábado 16, ás 18.30 h. no Pavillón de Carballal.

No capítulo das vitorias, El Olivo non defraudou no derbi ante o Sárdoma (5-0) nun campo encharcado polas fortes chuvias caídas ao longo do día de onte en Vigo. As de David Ferreiro foron superiores durante todo o encontro e cometeron menos erros. Esta fin de semana reciben ao Victoria, o partido xogarse o domingo 17, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.

Agónica vitoria a que viviu o Celta Zorka na cancha do Kemegal Cortegada (76-81). Nun partido extremadamente igualado, que parecía escapar a sesenta segundos do final, as viguesas arrancaron unha vitoria tremendamente importante en Vilagarcía. Houbo que disputar unha prórroga para dilucidar o vencedor nun derbi provincial emocionante e cargado de intensidade. As xogadoras célticas realizaron un exercicio de convicción e confianza nas súas opcións, mesmo nos momentos máis críticos onde o labor de equipo foi decisivo para sumar o seu terceiro triunfo, sempre como visitante e lonxe de Navia. Trinta e tres puntos foron achegados por xogadoras saídas dende o banco. Esta fin de semana as de Cristina Cantero viaxan a terras castelás para enfrontarse a León Cuna do Parlamentarismo.

E Las Cinco Jotas UB Lavadores conseguiu tamén unha importantísima vitoria no seu encontro fronte ao Artabro (33-29), onde tiveron un mal comezo pero conseguiron darlle a volta ao marcador e sumar a cuarta vitoria da tempada. A próxima xornada visita ao líder, o Calvo Xiria, o partido xogará o sábado 16, ás 18 h.

O resto dos clubs siareiros de elite retoman a competición tras as festas de Nadal esta fin de semana. O Vigo Voleibol farao ante o Xátiva Voleibol a domicilio. O Xuvenil Teis tamén a domicilio fronte ao CD Universidade de Valladolid, o Mosteiro na cancha do Leis Pontevedra e o CD Amfiv, que recibe ao Bidaideak Bilbao BSR, no seu último encontro da 1ª Fase da Liga de Baloncesto en Cadeira de Rodas, o sábado 16, ás 19 h. Durante o descanso, sortearase a viaxe a do programa Siareiros "Apoia ao deporte vigués e gaña unha viaxe" impulsado por Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes e Viaxes Zonda.