Cabecera Vide

A Federación Galega de Rugby soluciona o problema do seguro

A Federación Galega de Rugby pechou definitivamente o acordo do seguro para poder comezar a tramitar as fichas dos clubs e iniciar a tempada de competicións rexionais 2015-2016, tras asinarse finalmente o seguro, que sen a xestión da Secretaría Xeral para o Deporte non fose posible.

Nun principio pechárase un acordo cunha compañía que permitiu aos clubs que compiten en categoría nacional, o Blusens Networks Universidade de Vigo e CRAT UDC, iniciar as súas ligas, pero que non puido chegar a bo porto a posteriori, e foi cando a través da mediación da secretaría que preside José Ramón Lete, apareceu a proposta conxunta das compañía AON e AIG, que serán as que se fagan cargo de forma definitiva da póliza do rugby galego, con custos similares á anterior.

O máis importante neste caso, e o que todos os clubs galegos estaban a esperar, foi o acordo de lla Asamblea General de la Federación Galega onde se confirmou o inicio de competicións rexionais para o fin de semana do 7 de novembro.

Dende este momento quedan abertas as inscricións dos equipos das distintas categorías.