O Vigo Rugby coroa 3 campiones da Copa Xunta

Imprimir

blusensuniversidadevigo crat copaxunta2015O Blusens Universidade vence o CRAT, mentres que o sub 14 e o sub 16 fan o mesmo ante Ferrol RC e Os Ingleses. O feminino caeu ante as campioas nacionais do CRAT. Nunha xornada enteira de intenso rugby no CUVI o Vigo Rugby Club proclamou a 3 dos seus equipos como campións da Copa Xunta.

Pola mañá no primeiro partido enfrontábanse o Universidade de Vigo sub 16 ante Os Ingleses, e non houbo sorpresa ao gañar a final a Os Ingleses por 57 a 29.

Na segunda quenda xogaban o Universidade de Vigo sub 14 e Ferrol RC, con triunfo tamén vigués por 69 a 14, que ao igual que a categoría sub 16 desquitábanse da final perdida polo título de liga.

No partido polo campión de sub 18 non había representación viguesa, e o Pontevedra RC vencía o CRAT coruñés por 50 a 31.

Pola tarde viría o dobre do entre Vigo Rugby Club e o CRAT. Primeiro o Universidade de Vigo feminino nada podía facer ante as campioas de División de Honra e caían por un contundente 84 a 0, encontro no cal as coruñesas facían moito dano cando desbordaban as viguesas.

O prato forte chegaría no último partido, cando se enfrontaron o Blusens Universidade de Vigo, recén descendido e o conxunto coruñés que milita na División de Honra B, categoría na que coincidirán a próxima tempada. O resultado foi de 29 a 8 para os vigueses, que aínda que dominaron todo o partido atoparon unha feroz resistencia dos arquitectos. Algunhas xenialidades de Maguna e Uruburo, e a contundencia da dianteira decantaron un partido que chegara ao descanso por un axustado 12 a 5. No segundo tempo, Maxwell e Mera, que se despediu como adestrador vigués, sacaron algúns xogadores que debutaron e outros de reserva como Maka Tatafu e Carlos López que sentenciaron o partido.