Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo gana en Ourense

O Blusens Universidade xogou o sábado en Ourense ante o Campus Ourense Coosur o seu partido correspondente ás semifinais da Copa Xunta de Galicia con resultado final de 25 a 64. O partido, ante o flamante campión de liga rexional e dirixido por David Monreal, foi moi aberto, con moitas posibilidades para ambos os dous conxuntos como o demostra o resultado. Agora o Blusens Universidade xogará ante o CRAT coruñés que venceu na outra semifinal a Lalín RC.

As finais da Copa Xunta serán organizadas polo Vigo Rugby Club e disputaranse no Campus Universitario da Universidade de Vigo (CUVI) o sábado 16 de maio. Ao longo de toda a xornada xogarán 5 finais das categorías sub 14, sub 16, sub 18, Senior Feminino e Senior Masculino. O club vigués clasificou ata o momento 3 equipos, o sub 14, o sub 16 que venceu o sábado ao último campión de liga, o CRAT, por 41 a 14, e o mencionado Blusens Universidade.