O Blusens Universidade de Vigo cae no seu do ante o Getxo Rugby

Imprimir

Getxo artea blusens universidade Ensayo Zabala FOTO AITOR URIARTEO Blusens Universidade de Vigo caeu no seu desprazamento a terras vascas ante un rival directo pola permanencia, o Getxo Artea RT, por 32 a 17, o que fai que o equipo getxarra o adiante na táboa de clasificación, cedéndolle ao equipo vigués a anteúltima praza, que o faría xogar o playoff de permanencia.

Como sucedese no seu desprazamento a Barcelona, o Blusens Universidade de Vigo, cede un posto ante un rival directo da clasificación, e deberá xogala nas últimas 5 xornadas de liga que lle quedan, con 2 partidos na casa ante o primeiro e terceiro clasificados, o Quesos e Santboi, e fose ante rivais directos, o último Hernani, Ordizia e CRC Pozuelo. Non é doada a misión que lle queda ao Blusens Universidade, equipo afeito a saír de situacións adversas, pero que aínda depende de si mesmo, xa que CRC se atopa por diante a 3 puntos e Ampo Ordizia a 4, o que fai que a mesmos resultados, unha vitoria ante calquera de ambos os dous equipos lle dese a permanencia, mantendo a distancia de Hernani, que postergou o seu encontro da xornada ao 18 de abril ante Hermi El Salvador.

O partido comezaba con resultado en contra, xa que Linklater, o zaguero da selección española non fallou á cita achegando puntos seguros co pé dende o minuto 3. Durante o partido achegaría 3 transformacións e un golpe máis para sumar un total de 12 puntos. O Blusens Universidade de tódolos xeitos atopouse cun Getxo Artea que realizou o mellor partido da tempada, nun campo de Fadura abarrotado grazas ao bo clima dominical, e sabendo o que se xogaba neste partido. Varias fases do xogo desenvolvéronse nas 5 locais pero o Getxo defendía con uñas e dentes o seu ingoal, para logo con maior facilidade, aproveitando erros visitantes, quebrar a liña defensiva para conseguir os 4 ensaios que lle deron o bonus ofensivo e que lle permitiron sumar 5 puntos na clasificación.

Tampouco puido aproveitar o Blusens Universidade, como ante o FC Barcelona, a superioridade numérica que obtivo polas amarelas Windon e a Zabala, que ao final tivo que irse expulsado pola acumulación de tarxetas. Aínda así foise a polo ensaio que lle dese o dobre bonus defensivo e ofensivo pero o árbitro Raposo non deu tempo para máis xa que se cumprira o tempo de xogo, no que foi un partidazo de rugby, o mellor da tempada visto en Fadura segundo os espectadores presentes.

Agora o Blusens Universidade espera a Hermi El Salvador que visitará As Lagoas Marcosende o sábado 14 de marzo, partido que xogará ás 16.00 h.

Ficha:
Getxo Artea RT 32 (b): Peterson, Iker Lavin, Leandro Wozniac, Landaburu, Zabala, Lugarezaresti (Iñigo Álvarez, min. 66), Beñat Lavin (Aitor Arri, min. 60), Matoto; Unai Pérez, Linklater; Gárate, Mosteiro (Etxeandia, min. 55), Baillie, Rodríguez (Daniel Gutiérrez, min. 55), Windon.

Blusens Universidade de Vigo 17: Tatafu, Ferreras, Múñiz (Redondo, min. 70), Carlos López, Berlande (Adrián Fernández 'Gambita', min. 47), Rubén Rodríguez (Pedro González, min. 78), Salgado (Juan Rodríguez, min. 70), Mbiyozo; Paul González, Beira; Losada (Caride, min. 73), Abadía, Parga, Mauro González (Dá Silva, min. 78), Uruburo (Maguna, min. 49).

Tanteador:
3-0, min. 5: Linklater;
10-0, min. 13: ensaio de Windon, que pasa Linklater;
17-0, min. 28: ensaio de Zabala, que pasa Linklater;
17-5, min. 33: ensaio de Tatafu;
24-5, min. 39: ensaio de Unai Pérez, que pasa Linklater;
Descanso
24-12, min. 61: ensaio de Mbiyozo, que pasa Paul González;
29-12, min. 65: ensaio de Windon;
32-12, min. 73: golpe de Linklater;
29-17, min. 77: ensaio de Tatafu.

Árbitro:
Raposo. Expulsou de forma definitiva por dobre tarxeta amarela a Zabala (min. 60). Mostrou cartolina amarela, que leva consigo sanción de dez minutos, a Windon.

Foto: Aitor Uriarte