Cabecera Vide

Kaleido reforza o apoio ao Blusens Universidad de Vigo na fase final de liga

vigo rugby kaleidoA multinacional viguesa Kaleido Ideas & Logistics reforzou o patrocinio que a vén vinculando co Vigo Rugby Club dende hai máis dunha década. A compañía, dirixida por Xoán Martínez Reboredo, convértese desta forma nun dos principais soportes do Blusens Universidade de Vigo para o que resta de tempada, na que o cadro olívico marcha en novena posición e loita por alcanzar os seus postos medios, unha posición que lle daría tranquilidade para manter a categoría.

Dende a directiva do club valórase o reforzo do patrocinio por parte de Kaleido, xa que despois de máis de 10 anos de apoio, non fai máis que confirmar que a ambas as dúas entidades lles une non só o patrocinio económico senón tamén a paixón polo rugby.

O Blusens Universidade desprázase esta fin de semana a Barcelona onde se enfrontará ao FC Barcelona, que se sitúa na décima posición con 20 unidades, 3 menos que o equipo vigués, polo que o encontro é considerado de vital importancia polo corpo técnico, e o equipo se está a preparar a conciencia para este desprazamento.