Monreal deixa o Vigo Rugby e a dupla Mera-Maxwell farase cargo da dirección técnica

Imprimir

alberto_mera_david_monreal_blusens_universidadeDavid Monreal di adeus ao Vigo Rugby logo de 4 anos nos que conduciu a dirección técnica do club dende o seu posto de adestrador do Blusens Universidade, equipo que ascendeu a División de Honra e o mantivo tras disputar os play off pola permanencia ante Sant Cugat. Desta forma a directiva do club chegou a un acordo con Alberto Mera, que o acompañou a pasada campaña como segundo para que se faga cargo de dirección técnica, con Norm Maxwell como compañeiro.

Tras a disputa dos play off e coa inminente partida de Monreal de vacacións a Nova Zelandia, o presidente Ramón González-Babé chegou a un acordo co técnico catalán no que ambos os dous decidiron seguir camiños separados, e no que irá acompañado dunha profunda reestruturación do club tras o éxito e o crecemento dos últimos anos, nos que o primeiro equipo quedou consolidado na máxima categoría, e na que tamén se incorpora Mariano Berlande como director deportivo, continuando paralelamente como xogador. O traballo de Monreal terá certa continuidade ao ser Mera que o dirixa, acompañado de Maxwell, que nos últimos anos avanzou na capacitación técnica dende fóra do campo, nos que se desempeñou como manager de Rugby.

Aínda así, Monreal continúa coa captación de xogadores en Nova Zelandia e dende aquí estase a conformar o equipo para a nova tempada que comeza en setembro, con volta aos adestramentos nos primeiros días de agosto. A principal novidade continúa sendo a marcha de Alejandro Blanco, pero estase a traballar no retorno dalgún xogador das antípodas, e na captación de xogadores de orixe galega.