Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo suma un valioso punto bonus ante Hermi El Salvador

rugbyO Blusens Universidade de Vigo caeu derrotado o sábado en As Lagoas Marcosende ante o Hermi El Salvador por un axustado 19 a 25, malia xogar dende o minuto 22 da primeira parte, por vermella directa a Jeremy Simon, cun xogador menos. Ata ese momento, e aínda que no minuto 1 o equipo pucelano se puxo diante no marcador por medio dun ensaio de Pedro Rodríguez, o equipo vigués dominaba en ataque e contiña moi ben en defensa á visita.

Ao mesmo xogo de partidos anteriores, o Blusens Universidade esta vez sumóuselle unha enorme actitude por parte de todo o equipo. Creou perigo ao longo de todo o partido, case pasando desapercibida a desvantaxe pola expulsión de Simon. Por momentos a defensa era infranqueable, como nos 7 minutos de asedio do cuarto ensaio visitante, que acabou coa amarela de Monti.

A todo isto o equipo tivo que reorganizarse tras a saída de Simon, pasando de medio loita o novo Borja Vera, que cumpriu folgadamente coa súa función. Tamén houbo cambios na segunda metade que deron aire fresco ao equipo, coa entrada de Marcos Muñiz, Daniel Fuentes, Lionel Pardo e David Monreal, autor no último minuto do ensaio que deu o bonus defensivo ao Blusens Universidade. E é que a intensidade coa que xogou o técnico-xogador, contaxiou os seus compañeiros que se foron en busca do prezado bonus que permite seguir aspirando a xogar a promoción pola permanencia. A nova incorporación Joe Reynolds, deixou bos detalles cun xogo moi dinámico e deu moita seguridade á liña.

Agora o Blusens Universidade de Vigo desprazarase a Sevilla a próxima fin de semana para xogar un partido que se presume como unha final anticipada polo descenso. O Ciencias de Sevilla sumou hoxe un punto bonus no seu partido ante Getxo, co que caeu por 22 a 19, que o segue mantendo á mesma distancia de 7 puntos. De todos os xeitos, o Blusens Universidade de Vigo pase o que pase seguirá dependendo de si mesmo, aínda que mantendo o xogo mostrado hoxe dificilmente lle debería escapar non só xogar os playoffs, senón tamén a permanencia a final de tempada.

Blusens Universidade de Vigo 19 (b): David Redondo, Prieto, Tatafu, Carlos López, Berlande, Hayes, Abadía, Alejandro Blanco 'Monti'; Simon, Nathan George; Borja Vera, Joe Reynolds, Parga, De Cabo, Uruburo. Tamén xogaron David Monreal, Marcos Muñiz, Juan Rodríguez, Fuentes e Pardo. Tamén xogaron: David Monreal, Marcos Muñiz, Daniel Fuentes e Lionel Pardo. Suplentes: Daniel Vázquez, Rubén Rodríguez, Juan Manuel Rodríguez e David Riveiro.

Hermi El Salvador 25 (b): Serrano, Vega, Javier Miranda, Álvaro Núñez, Torres, Fernando G. Altés, Asís García, Joe Mamea; Salé Ibarra, Sempere; Pedro Rodríguez, Pearce, Carter, Alberto Díaz, Oscar García. Tamén xogaron Sanz, Villalobos, Peinado e Víctor de la Llana. Tamén xogaron: José Sanz, Manuel Villalobos, Jose Peinado e Victor de la Llana. Suplentes: Gerardo de la Llana, Jorge Medina, Oscar Casado e Aitor Casado.

Tanteador
0-5, min. 1: ensaio de Pedro Rodríguez;
0-8, min. 20: golpe de Pedro Rodríguez;
3-8, min. 30: golpe de Reynolds;
3-15, min. 32: ensaio de Pearce, que pasa Pedro Rodríguez;
6-15, min. 38: golpe de Reynolds;
9-15, min. 42: golpe de Reynols;
9-20, min. 45: ensaio de Álvaro Núñez;
12-20, min. 68: golpe de Reynolds;
12-25, min. 73: ensaio de Asis García;
19-25, min. 80: ensaio de Monreal, que pasa Reynolds.

Árbitro: Gallástegui, do País Vasco. Mostrou cartulina bermella directa a Jeremy Simon (min. 22). Mostrou amarela a Mamea (min. 55) e a Monti (min. 75).

Fotografía de Jorge Castro.