Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo non pode co Bathco Independente

Vigo_rugbyO Blusens Universidade de Vigo caeu onte no seu desprazamento a Santander por 49 a 14 ante o equipo local, o Bathco Independente, que se reatopaba coa vitoria logo de tres partidos consecutivos perdidos. Finalmente o apertura Nathan George non xogou ao non se recuperar de todo dunha molestia. O seu posto foi ocupado polo novo lalinense Borja Vera.

O partido xa comezaba mal para o equipo vigués que vía como nos 7 primeiros recibía 2 ensaios consecutivos a través de o apertura local Mariano García. Recuperaríase o Blusens Universidade con fases de dominio, sobre todo territorial ao longo desta primeira parte. Pero ese dominio non era transformado en puntos. Foi así como aos 35, unha touche propia nas 22 era roubada polo Bathco para anotar o terceiro ensaio da súa conta, que abriría a porta para anotar 2 máis nesta primeira metade para chegar ao descanso por 29 a 0 e co bonus no peto.

Do vestiario xa non saíron Uruburo e Carlos López Marqués, ambos os dous con golpes. Os seus lugares eran ocupados por Fontes e Rubén Rodríguez. Recibiría no 42 un ensaio de Miguel Álvarez el Blusens Universidade. E outro no minuto 55 para poñer o equipo local 39 a 0. O Blusens anotaría o seu primeiro ensaio no 61 a través da dianteira logo de varios pick and go, por medio de Rubén Rodríguez. Pero sería demasiado tarde xa que a pesar de anotar a través de Carlos de Cabo novamente, o equipo santanderino pousaría 2 veces máis o oval na zona de marca para deixar o resultado final en 49 a 14. Monreal e Mera deron entrada nesta segunda parte a todos os suplentes, con bo rendemento.

O Blusens Universidade de Vigo xogará o próximo sábado ás 16.30 h en As Lagoas Marcosende ante Hermi El Salvador. Deber intentar seguir sumando á vez que o Ciencias Sevilla sumou 2 puntos bonus no seu do ante Cisneros, partido no que caeu por 22 a 23 na última xogada, achegándose a 7 puntos na táboa de posicións. Coa permanencia directa case imposible, a 14 puntos de 15 posibles, só queda asegurarse xogar playoffs.

Bathco Independente: Leonardo Bulacio, Miguel Álvarez, Javier Sanz, Manuel Mora, Tomás Urbaitis, Sixto Herrera, Patricio, Todeschini, Luciano Marco, Mariano García, Santiago Sañudo, Emiliano Quevedo, Ignacio Contardi, Daniel Mañero, Conrado Chiappero. Suplentes: Raúl Vila, Manuel Sazatornil, Daniel del Río, Javier González, Aitor Nieto, José luis Marquínez e José Luis Young.

Blusens Universidade de Vigo: David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Alejandro Branco, Sam Hayes, Lionel Pardo, Jeremy Simon, Borja Vera García-Portillo Javier Abadía, Carlos de Cabo, Javier Parga, David Riveiro e Adolfo Uruburo. Tamén xogaron: Juan Manuel Rodríguez, Jorge Barbudo, Marcos Muñiz, Daniel Fuentes, Rubén Rodríguez, Brais Sánchez, Pedro González e Victor Salgado.

Tanteador:

Min 4 ensaio de Mariano García, 5 a 0
Min 7 ensaio de Mariano García, transformado por Chiappero 5 a 0
Min 35 ensaio de Patricio Todeschini, 17 a 0
Min 38 ensaio de Patricio Todeschini, 22 a 0
Min 40 ensaio de Contardi, transformado por Chiappero, 29 a 0
Descanso
Min 42 ensaio de Miguel Álvarez, 34 a 0
Min 55 ensaio de Contardi, 39 a 0
Min 61 ensaio de Rubén Rodríguez, 39 a 7
Min 62 ensaio de Quevedo, 44 a 7
Min 72 ensaio de Cabo, transformado por Simon, 44 a 14
Min 79 ensaio de Chiappero, 49 a 14

Incidencias: partido disputado no estadio de San Román, en Santander pola décima xornada de liga de División de Honra. Árbitro: Pedro Montoya, non mostrou tarxetas amarelas.

Fotografía de Marcos Fierro.