Cabecera Vide

O Blusens volve a competición tras dous meses de parón ligueiro

joaquin_maguna_getxo_webO Blusens Universidade de Vigo continúa a súa preparación para o partido que disputará en As Lagoas o mañá ás 16.00 h ante o Getxo ARTEA RT, un dos equipos que máis se lle atragagoa en competición. Segundo palabras de David Monreal, "O equipo está con moitas ganas de volver xogar diante da afección viguesa despois de case dous meses sen facelo como local e un mes de parón ligueiro".

"Este mes de parón serviunos para traballar físico e algúns de aspectos de xogo que tiñamos problemas. O rival é un vello coñecido noso que xa vimos xogando dende DHB é un rival moi competitivo e que tiña un bo adestrador, substituído agora por Brice Bevin, que tamén ten moita experiencia ".

"Nós debemos de mellorar en concentración durante os 80 minutos e non ter altibaixos durante o partido que isto nos custou algunhas derrotas. Están necesitados de puntos e tanto xogadores como corpo técnico saben o que xogamos neste partido ".

"Esperamos que faga un bo día para que o público poida gozar dunha grande tarde de rugby e empezar cunha vitoria este 2014 na casa ".

Así pois o corpo técnico está a seguir de preto a evolución dos xogadores tocados como Maguna e Lionel Pardo, a recente incorporación invernal, ambos os dous recuperándose das súas lesións de ombro.

Foto: Maguna nunha acción no partido da tempada pasada, é dúbida para o sábado.