O Vigo Rugby Club terá unha intensa actividade de partidos a fin de semana

Imprimir

Logo do paron do Nadal reactívase a División de Honra co partido que xogarán en As Lagoas Marcosende (CUVI) o Blusens Universidade de Vigo co Getxo Artea RT, pola 13ª xornada de competición, o sábado 25 de xaneiro ás 16.00 h.

O Getxo chega  Vigo marchando na sétima posición, con 34 puntos, 16 máis que o Blusens Universidade que marcha décimo con 18. No partido de ida o equipo vasco derrotou os vigueses por 34 a 18. Para ese partido espera o debut de Lionel Pardo, que se está a recuperar a marchas forzadas para estar dispoñible para o quince inicial.

Outros equipos que ten previsto xogar os seus partidos son, o Blusens Universidade de Vigo B e C que xogan os seus partidos ante Zalaeta e Santiago RC respectivamente pola primeira e segunda liga territorial. Pola súa parte o equipo sub 18 desprázase a Pontevedra para xogar ante o Pontevedra RC pola Liga Galega. Os equipos sub 14 e sub 16 desprázanse a A Coruña para xogar os seus para disputar os seus partidos de liga ante o CRAT. As categorías sub 6, sub 8, sub 10, sub 12 e sub 14 do primeiro ano viaxan a Braga a disputar un torneo internacional de escolas de rugby. O único equipo que descansa é o feminino.

O club posúe 226 fichas federativas e 11 equipos

O Vigo Rugby Club posúe equipos esta tempada en todas a categorías contabilizando ata 226 fichas, o que marca o crecemento do club nos últimos anos, dende a escola cun aumento exponencial de nenos en todas as categorías infantís, como por segundo ano consecutivo ter 3 equipos senior masculinos, dous dos cales nutren de xogadores ao Blusens Universidade da División de Honra. O equipo feminino, hai anos o equipo destacado de Galicia, tivo o seu punto de inflexión para comezar a crecer novamente e formularse xogar a fase de ascenso.