Cabecera Vide

Francisco Usero "Pakito" xogará en decembro co Blusens

placaje_pakitoTras chegar a un acordo con Francisco Usero e o permiso do Ferrol RC para a súa cesión, David Monreal poderá contar co xogador para os 3 partidos que o Blusens Universidade de Vigo xogará no mes de decembro, o deste sábado ante o Cajasol Ciencias, o de Hernani o 15 de decembro e ante Cisneros o 23 de decembro.

O corpo técnico verá reforzado o equipo para poder afrontar os próximos partidos e así poder continuar consolidando a boa sorte de xogo dos últimos partidos nos que a punto se estivo de gañar ao terceiro e cuarto clasificados da competición. Desta forma chegará a Vigo un xogador símbolo do rugby galego e un dos preferidos da afección viguesa, un xogador que o deixa todo no campo.

O partido do sábado xogará en As Lagoas Morcosende (CUVI) en horario non habitual das 13.00 h, ao pedilo do equipo sevillano.