As categorías inferiores do Vigo Rugby desprazáronse a Gijón

Imprimir

gijon_cupAs categorías inferiores do Vigo Rugby Club desprazáronse a Gijón para participar na cuarta edición da Gijón Cup  de rugby. Doce escolas referentes en España e unha inglesa congregaron 1.200 nenos e nenas baixo unha incesante chuvia e barro nos campos de Las Mestas, e alí chegaron 72 pequenos xogadores e xogadoras do club das categorías sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10.

Este ano a competición foi a través dunha clasificación xeral, sumando os resultados de todas as categorías e o Vigo Rugby Club quedou no sexto lugar, sendo o terceiro club con máis participantes.

Dende o club sempre se fai fincapé que a estas idades os resultados non son o máis importante, pero esta vez hai que destacar aos sub 12, que gañaron o seu grupo de clasificación e se xogaron as semis contra o club inglés de Harpeden que venceu por 2-1, pero nosos pequenos puxeron a bancada de pé.

A experiencia excelente e esgotadora, con 2 buses que o venres pola mañá trasladaba á delegación de xogadores, adestradores, delegados e pais. Tras un paseo por Gijón todos foron durmir ao chan dun pavillón para a mañá seguinte xa moi temperán partir ao torneo, e logo sen descanso, ás seis da tarde regresar a Vigo.

Inmensos os nenos, adestradores, delegados e pais que formaron unha expedición de máis de 120 persoas, axudándose e apoiándose en todo momento.

Como resumo final, tres éxitos das categorías inferiores, con xogadores xurdidos das escolas da Deputación de Pontevedra que desenvolve o club, o de número de participantes, presentar dous equipos nunha mesma categoría (sub 10) e primeira copa ouro nun torneo destas características.

A clasificación polo resultado global de todas as categorías foi a seguinte: CRC Madrid, seguido do VRAC de Valladolid, El Salvador de Valladolid, XV Hortaleza, Gaztedi, Vigo Rugby Club, Bera Bera, Oviedo Rugby, Independente de Santander, Harpeden de Inglaterra, La Calzada e Grupo Covadonga.