O Blusens Universidade de Vigo pecha a incorporación de Nathan George

Imprimir

rugbyO mozo apertura neozelandés de 22 anos chega do seleccionado territorial de Manawatu, onde xogou os dous últimos anos e tras rematar TM Cup 2013 do seu país, logo de formarse como xogador en Waikato. É un bo pateador e entre as súas características destacan a organización da liña e unha boa distribución do xogo.

É un xogador forte malia a súa estatura de 175 cm e 81 quilos. George chegará  Vigo hoxe vía Oporto , como substituto do lesionado Rowland, e inmediatamente se incorporará ás filas do Blusens Universidade para estar a disposición de Monreal e Mera para disputar o partido da próxima fin de semana en As Lagoas ante o Bathco Independente de Santander.