Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo cae en Gernika por 52 a 26

vigo_rugby_novembro_13Difícil partido era o que se lle presentaba ao Blusens Universidade no campo de Urbieta, en Gernika. O equipo vasco non ten o potencial da tempada pasada, na que participou en  europea, pero formou un equipo moi novo compensado con algúns veteranos, e en fronte estaba o Blusens Universidade, con varias baixas antes do partido, que se sumaron con saídas do campo por lesións ou golpes, tendo que ingresar algúns xogadores moi novos dende o banco como Ignacio Villegas, Yago Rodríguez ou Valentín Gutiérrez. Ante a lesión de Javier Abadía, David Monreal xogou un tempo completo no posto de flanker.

O partido comezaba de forma habitual nesta tempada, co Blusens Universidade de Vigo cedendo un ensaio nos primeiros minutos, xa que aos 5 pousaba o oval Unai Lasa. Aos 23 minutos chegaba un momento clave do partido xa que Alejandro Blanco vía a amarela por placaje alto e íase ao sen bin, ocasión que aproveitou o equipo vasco para pousar 2 veces o oval por medio de Sala e Casteglioni, ambos os dous transformados por Olaeta. Respondía o Blusens no final desta primeira parte con ensaios de Luke Graham e Riveiro, un deles pasado por Simon, para chegar ao descanso por 21 a 12.

Parecía que o Blusens Universidade de Vigo remontaría, pero o Bizkaia Gernika conseguiría 3 novos ensaios practicamente seguidos a través de Sala, Olaeta e Bilbao para poñerse por diante cun xa inalcanzable 38 a 12. Ao Blusens Universidade quedáballe aspirar ao punto bonus e conseguiuno cos ensaios dos últimos minutos de Blanco e Juan Manuel Rodríguez, traendo o único positivo dun partido no que se viu superado amplamente polo equipo local. Antes o Gernika pousara 2 veces máis por medio de Casteglioni e Olaeta para totalizar 8 ensaios e deixar o resultado final de 52 a 26.

Agora o Blusens Universidade de Vigo prepararase para o partido ante o Bathco Independente, recén ascendido á categoría e que marcha na cuarta posición da División de Honra.

BIZKAIA GERNIKA 52 (b): Bilbao, Lasa, Martínez, Cruz, Astarloa, Fouls, Magunazelaia, Sala, Del Bosque, Iker Olaeta, Etxaniz, Latham, Casteglioni, Íñigo Olaeta e Newell.

BLUSENS UNIVERSIDADE DE VIGO 26 (b): David Redondo, Vicente Prieto, Maka Tatafu, Carlos Lopez, Daniel Fuentes, Javier Abadía, Sam Hayes e Alejandro Blanco. Joaquín Maguna, Jeremy Simon, Luke Graham, Javier Parga, Brais Sánchez, David Riveiro e Adolfo Rodríguez Uruburo. Tamén xogaron:  Marcos Muñiz, Juan Rodríguez, Valentín Gutiérrez Bonifato, Yago Rodríguez Rafael, David Monreal e Ignacio Villegas. Suplentes: Jorge Barbudo e Rubén Rodríguez.

Tanteador:

Min 5 ensaio de Lasa transformado por Iñigo Olaeta, 7 a 0
Min 23 ensaio de Casteglioni transformado por Iñigo Olaeta, 14 a 0
Min 27 ensaio de Sala transformado por Iñigo Olaeta, 21 a 0
Min 35 ensaio de Graham transformado por Simon, 21 a 7
Min 40 ensaio de Riveiro, 21 a 12
Descanso
Min 45 ensaio de Lasa, 26 a 12
Min 49 ensaio de Bilbao, 31 a 12
Min 63 ensaio de Íñigo Olaeta, transformado por Iker Olaeta, 38 a 12
Min 73 ensaio de Casteglioni transformado por Iker Olaeta, 45 a 12
Min 76 ensaio de Blanco transformado por Simon, 45 a 19
Min 79 ensaio de Juan Rodríguez, 45 a 26
Min 80 ensaio de Iñigo Olaeta transformado por Iker Olaeta, 52 a 26

Incidencias: o árbitro Marc Rese mostrou amarelas oa Blanco no minuto 23 por placaxe alto e a Magunazelaia no minuto 79 por placaxe retardado.

Fotógrafo: Jose Ramón Erezuma.