Cabecera Vide

O Blusens Universidade de Vigo acorda a primeira incorporación

vigo_rugbyO Blusens Universidade de Vigo chegou a un acordo co piar tongano, Maka Tatafu de 181 cm e 118 kg,  que xoga dende hai varias tempadas no Counties Manukau da ITM Premiership, a primeira división do rugby neozelandés. Counties que chegou a esta división logo de quedar campión da ITM Championship a pasada tempada, e é o mesmo club do que proviña Chris Maclaren, segunda liña que jugo en Vigo a pasada tempada. Maka é un piar con 35 anos, que xoga en posto de piar dereito, o número 3, e achegará experiencia grande á loita.

Dende o Vigo Rugby Club continúase traballando na confección do equipo para incorporar un terceira liña, un apertura e un zaguero, como prioridades. Os acordos cos candidatos a ocupar eses postos xa están avanzados polo que nos próximos días se tomarán as decisións, a falta de pechar definitivamente o presuposto para a próxima tempada.