Cabecera Vide

III Torneo Internacional de Rugby infantil organizado polo Vigo Rugby

foto_torneo_escuelasO Vigo Rugby Club organizará esta fin de semana o III Torneo Internacional de Rugby Infantil nas instalacións da Cidade Universitaria (CUVI) de Vigo. Nesta edición do torneo celebrarase o 25 aniversario da Fundación do Vigo Rugby Club.  Contará coa participación de máis de 400 xogadores entre nenos e nenas de 5 a 13 anos, e en torno a 50 adestradores e monitores.

Como en anos anteriores, o torneo está organizado para as categorías sub-6 (Linces), sub-8 (Jabatos), sub-10 (Prebenxamins), sub-12 (Benxamins) e sub-14 (Alevín). Disputarase en dous campos, un de céspede natural e outro sintético, 5 torneos de cinco categorías diferentes. As categorías Sub-6, Sub-8 e Sub-10 disputarán os seus partidos no campo sintético, mentres que as categorías Sub-12 e Sub-14 farano no de céspede natural. Solo terá carácter competitivo o torneo e Alevín, sub-14. O torneo rexerase polas "Normas do Rugby Gradual" da F.E.R. para estas idades. Haberase un descanso a mediodía para realizar o "Tercer Tempo".

O Torneo disputarase o sábado 25 de maio e terá como broche final a cerimonia de entrega de trofeos a todos os participantes. O domingo 26 os clubs están invitados a unha excursión ás Illas Cíes.

Nesta terceira edición contará coa Escola do Gijón Rugby Club, os clubs portugueses de Académica de Coimbra, CDU Porto, Braga R.C., Arcos de Valdevez e Rugby Viana, e os galegos Pontevedra R.C., Mareantes R.C., Los Ingleses de Vilagarcía, R.C. Zalaeta, C.R.A.T de A Coruña e Club Ferrol Rugby, ademais do Vigo Rugby Club.