O Blusens Universidade de Vigo da o primeiro paso a tempada 2013-2014

Imprimir

renovacion_montiA pasada cea de despedida de David Monreal entre directiva e corpo técnico serviu para confirmar a volta do técnico catalán para a tempada 2013-2014 unha vez que sexa pai en Nova Zelandia, e así poñerse á fronte da dirección deportiva do Vigo Rugby Club.

A Monreal acompañaralle Alberto Mera, que se responsabilizará de preparar a pretempada no mes de agosto. Na mesma reunión chegouse tamén ao acordo para a continuidade do lalinense Alejandro Blanco "Monti", un dos xogadores destacados desta campaña que lle serviu para ir convocado coa selección española de 15.

O Blusens Universidade de Vigo descansará agora ata que comece a Copa Xunta de Galicia no mes de xuño. A competición rexional integrarana o equipo vigués, o CRAT de A Coruña de la División de Honra B, e os dous finalistas da Copa Federación que xogará durante o mes de maio entre os restantes equipos galegos. O próximo 11 de maio 13 xogadores do Blusens Universidade formarán parte da selección galega que se enfrontará a Euskadi en Lugo, nun partido amigable entre ambos os dous combinados.