Cabecera Vide

O Vigo Rugby empata en Baldiri ante Santboiana, o equipo máis en forma da segunda volta da liga

joako_pasa_en_BaldiriO Blusens Universidade de Vigo tráese un empate de Barcelona, dun campo no que os locais só foran derrotados polo poderoso euro Gernika de principios de tempada. Desta forma o equipo vigués non dependía de ningún resultado para certificar a súa permanencia na División de Honra por unha tempada máis a falta dunha xornada.

Os vigueses o conseguiron por méritos propios, a pesar de que o Hernani caía unha hora máis tarde en Valladolid ante o VRAC Quesos Entrepinares por 27 a 12, e quedaba a uns afastados 7 puntos na táboa de clasificación.

Unha xornada que non ía ser doada e que comezou moi cedo xa que a expedición saía ade Vigo ás 5.30 am en dirección a Santiago para coller o voo directo a Barcelona, dende onde se desprazaría ao campo de Baldiri en Santboi de Llobregat. Alí a elevada temperatura afectaría ademais aos xogadores que ao finalizar o partido sentían o cansazo, pero o festexo pola permanencia co corpo técnico, con Monreal á fronte, compensaba o sacrificio dun equipo que fixo unha segunda volta sobresaínte con resultados históricos ante os primeiros clasificados de la competición. Monreal e Mera seguiron apostando polo seu estilo de xogo, pero agregáronlle competitividade ao equipo, e coa axuda de reforzos como Moeke, Talakai e Tuifua, o Blusens Universidade de Vigo foi escalando posicións na clasificación ata que a permanencia se fixo realidade. Ao Blusens Universidade réstalle un partido, que se disputará o próximo domingo 28 de abril en As Lagos Marcosende, para despedir a mellor tempada ata agora na historia do Vigo Rugby Club.

O partido do sábado sería moi disputado, onde o Santboi se vería sorprendido pola concentración e intensidade con que o Blusens Universidade sairía en Baldiri. Así non o tiñan doado os cataláns e sería o equipo vigués o que se poría por diante no marcador, aínda que recén en minuto 25, por medio de Moeke mediante un golpe de castigo que poñía as cousas 0 a 3, ata que no 32, Santboiana pousase un ensaio por medio de García. No 35 respondería Moeke novamente con outro golpe poñendo o tanteador en 5 a 6, resultado co que se chegaría ao descanso.

Na segunda parte era Santboi o primeiro que anotaba puntos, con 2 golpes de castigo pasados por Canning no 49 e o 66, deixando o parcial de 11 a 6 a favor dos locais. Non deixaba pasar moito tempo o Blusens Universidade xa que Talakai pousaba un ensaio 2 minutos máis tarde, establecendo o resultado que sería definitivo de 11 a 11. Tivo unha última oportunidade o equipo vigués ao final do partido para anotar outro ensaio, pero a defensa local anulou ben unha ataque de Mclaren, e xa non houbo tempo para máis.

O Blusens Universidade de Vigo ten agora 39 unidades e poderá afrontar o último partido en As Lagoas con tranquilidade ante Ordizia que hoxe empatou ante El Salvador por 22 a 22. Xogadores e corpo técnico durmirán hoxe en Barcelona por conta propia, proba do esforzo e sacrificio deste equipo por xogar ao rugby, aínda que non sen antes festexalo ao grande segundo o organizou David Monreal na súa cidade natal.

Santboiana Seat (11): Josep Balsalobre, Johnathan Phipps, Amirani Chichua, Jake Serex, Craig Lyons, Ruben Sanz, Josep Puigbert, Antonio Kirikiri, Marc Puigbert, Adam Canning, Mauro Palau, Cyrus Baker, Aleix Blasco, Oriol García, Nil Baró. Suplentes: Charli García, Efrem Brau, Pau Montañé, Ivan Vilá, Marcos Gómez, Daniel Ferron e Carlos Bou.

Blusens Universidade de Vigo (11): Oscar Ferreras, Vicente Prieto, Latu Talakai, Carlos López Marqués, Mariano Berlande, Chris Mclaren, Francisco Usero, Alejandro Branco, Joaquín Maguna, Ash Moeke, Carlos de Cabo, Mauro González, Isaia Tuifua, Javier Parga, David Riveiro. Tamén xogou: Gastón Ibarburu. Suplentes: Marcos Muñiz, Javier Abadía, Daniel Vázquez Aldemunde, Adolfo Uruburo, Rubén Rodríguez e David Redondo.

Tanteador:
Min 25, golpe de Moeke, 0 a 3
Min 32, ensaio de Oriol García. 5 a 3
Min 35, golpe de Moeke, 5 a 6
Descanso:
Min 49, golpe de Canning, 8 a 6
Min 66, golpe de Canning, 11 a 6
Min 68, ensaio de Talakai, 11 a 11