Debut en Lagoas na máxima categoría para o Iveco

Imprimir

vigo_rugby_gernikaO Universidade de Vigo Iveco debutou en Lagoas Marcosende ante o Gernika Rugby, nun partido no que o conxunto vasco expuxo un grande poderío físico. O Universidade Vigo pola súa parte non xogou o seu mellor partido, con moitos erros non habituais no seu xogo.  Tampouco puido atoparse na loita, onde perdeu moitos balóns, nin nos lanzamentos de touche, con continuos lanzamentos parciais, que o facían perder a posesión.

Pode que lle haxa podido o nerviosismo aos xogadores na súa estrea na casa, onde se deron cita uns 2000 espectadores, algúns vidos dende outras cidades galegas. David Monreal e Norm Maxwell terán toda a semana para traballar a parte anímica nun equipo que habitualmente demostra moito máis no campo.

O partido comezaba con dominio do Universidade durante os primeiros minutos, pero o Gernika foise asentando no campo ata que o seu zaguero Montagut apoiaba o primeiro ensaio no minuto 15. No minuto 28 recortaba distancias Hamilton para os locais e deixaba as cousas 3 a 5. É nos minutos finais do primeiro tempo onde practicamente se define o partido, xa que no 36 e o 40, Gernika apoia 2 ensaios, un deles transformado deixando o marcador final ao primeiro tempo de 3 a 17.

O segundo tempo comeza de novo con Gernika atacando e aos 5 minutos apoia o ensaio que lle daba o punto bonus a través da á Olaeta para deixar o parcial 3 a 22. O partido quedáballe moi costa arriba ao Universidade Iveco, pero comezou a asediar os visitantes ata que se apoiaron senllos ensaios de Riki Tikaki e Carlos de Cabo, con dobre transformación de Hamilton, o que deixaba os vigueses a tiro de ensaio para empatar o partido, 17 a 22. Parecía que se ía conseguir, pero no último minuto, un golpe de castigo transformado por Xabier Urrutia, non só lle impedía a vitoria ao Universidade, senón que lle arrebataba o punto bonus. Resultado final 17 a 25.

Ao Universidade de Vigo quédalle esta semana para preparar o partido do próximo domingo ante Santboiana en Lagoas Marcosende, cun equipo que acabou con caras longas debido á derrota.

Universidade de Vigo Iveco: Román (Iannicheri), Ferreras, Gainzarain (Vicente Prieto), Fernández, Berlande (Fernández), Hall, Bargiela (Usero), Griffin, Mera (Pol Puchades), Hamilton, De Cabo, Branco, Arrizabalaga, Katsakos e Tukaki. Suplentes: Parga, Rodríguez Uruburo,

Gernika: Romain, Mercanti, Bronson, Zabaloy, Urrutia, Bilbao, Magunazelaia, Ashmore, Maritegi, Swartbooi, Betty, Mantovani, Urrutia, Olaeta e Montagut. Suplentes: Pastor, Astarloa, Hernández, Esandi, Long, García-Parrado, Urionabarrenetxea.

Árbitro: Felix Villegas

Tanteador: 15 ´ Ensaio Montagut (G), 0-5; 28 ´ Golpe Hamilton (V), 3-5; 36 ´ Ensaio Magunazelaia, transformación de Swartbooi (G) 3- 12; 40 ´ Ensaio Betty, 3-17; 45 ´ Ensaio Olaeta, 3-22; 51 ´ Ensaio Riki Tukaki (V) e transformación de Hamilton (V), 10-22; 72 ´ Ensaio de Carlos de Cabo e transformación de Hamilton (V), 17-22; 79 ´ Golpe de Urrutia, 17-25.