Cabecera Vide

O Iveco Universidade a punto

vigorugby2010.11O Iveco Universidade atópase na recta final da posta a punto para o importante partido de ida dos play-off da fase de ascenso á División de Honra, que se xogará este domingo 13 de febreiro ás 12.00 h no CUVI.

O adestrador David Monreal non di "temos algún xogador importante tocado, que iremos probando de aquí ao domingo, en función da resposta física definiremos a aliñación". Dous xogadores que se confirma entrarán na convocatoria son Mariano Berlande, logo de estar varias semanas en recuperación, e Clovis Degorce que despois da súa marcha a Francia, regresa só para xogar estes 2 encontros. Segundo o técnico "isto demostra o grao de implicación dos xogadores, pola miña parte, coa colaboración de Norm Maxwell, dedícome soamente a planificar o partido e axustar algúns detalles tácticos para enfrontar ao CRC Madrid". "Xogaremos coa baza de que no Lagoas Marcosende estamos imbatidos, e daremos todo o que temos para rematar así a tempada", remata Monreal.

A repercusión en Vigo da tempada realizada polo Iveco Universidade é grande, ao punto que tan só a semana pasada se incorporaron ao club ata 10 novos xogadores repartidos practicamente en todas categorías.

Para o domingo ás 12.00 h espera outra vez un llenazo nas bancadas do campo do CUVI.