Vitoria do Iveco ante o BUC

Imprimir

374img_8284No partido correspondente á 8ª xornada da liga de División de Honra B, o Iveco Uiversidade Vigo R.C. conseguiu unha nova vitoria ante BUC que lle permite continuar na segunda posición da táboa.

O conxunto de David Monreal, rematou sufrindo unha vitoria que ao final da primeira etapa, parecía tranquila.

No primeiro tempo, os locais foron netamente superiores ao seu rival, logrando irse ao descanso cunha vitoria parcial de 24 a 3. Dende o inicio do encontro, Vigo mostrou o seu bo xogo, logrando o primeiro ensaio aos 3 minutos de xogo, por intermedio de Iker Arraztoa. A pesar do desconto logo dunha transformación por un golpe de castigo, a visita non foi capaz de xerar maior perigo na defensa local. AOS 13 minutos, Riki Tukaki, de bo primeiro tempo, rompeu a defensa e cedeu o balón a Mauro González para o segundo ensaio local, transformado por Jon Arrizabalaga. Quince minutos máis tarde, foi o propio Tukaki, que logo de eludir varios rivais apoiou o terceiro ensaio vigués, tamén transformado por Arrizabalaga. A 5 minutos do final, novamente Iker Arraztoa conseguiu marcar, ao finalizar unha boa xogada de esquerda a dereita.

No complemento, o Iveco Universidade comezou coa mesma intensidade, conseguindo un novo ensaio de Tukaki, pero logo deste, o local pareceu esquecer o seu xogo, quizais produto dos cambios na aliñación durante a segunda etapa.

O BUC pasou a ser o dono do balón, xogando cos seus dianteiros, percutindo e gañando terreo, por momentos con certa facilidade.

O primeiro ensaio da visita chego aos 10 do complemento.

Aos 19, o BUC marcou o segundo ensaio, acurtando a distancia no marcador deixando o encontro 29 a 14 e cinco minutos máis tarde, volveu apoiar na zona de ensaio local.
Vigo, con máis corazón que xogo, loitou por un novo ensaio, que foi conseguido por Vicente Prieto.

A catro do final, BUC conseguiu o seu punto bonus ao conseguir o cuarto ensaio e deixar o resultado 34 a 25 a favor dos locais. Sobre o final do partido, Vigo pasou a xogar con 14 xogadores, produto da lesión de Mateo Visoná. Iveco Universidade Vigo R.C. mostrou dúas caras moi distintas durante os 80 minutos de xogo. Durante a primeira parte, foi o equipo contundente e seguro en defensa, mentres que na segunda, cedeu protagonismo, e fallou á hora de defender, o que permitiu o cambio de xogo da visita.

Para este partido, non contou con Carlos Blanco, quen viaxo co seleccionado español para xogar o Seven de Sri Lanka, Carlton Rugby. Tampouco puido estar Mariano Berlande, lesionado.

IVECO UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Ignacio Román, Óscar Ferreras, Gustavo Gainzarain; Francisco Usero, José María Fernández ©; Agustín Bargiela, Juan Pablo Macedo e Cameron Eyre; Alberto Mera, Joaquín Maguna Lago, Iker Arraztoa, Jon Arrizabalaga, Alberto Campos Fonseca, Mauro González e Riki Tukaki.
Ingresaron: Adrián Fernández, Vicente Prieto, Fernando Millara, Carlos De Cabo, Gonzalo Valencia, Guillermo Pérez e Marco Visoná.
Adestradores: David Monreal e Norman Maxwell.
Campo: Lagoas Marcosend
Árbitro: Ginhson.
Puntos: PT: 3 min. ensaio de Iker Arraztoa (V); 6 min. transformación por golpe de castigo (B); 13 min. ensaio de Mauro González transformado por Jon Arrizabalaga (V); 30 min ensaio de Riki Tukaki transformado por Jon Arrizabalaga (V), 34 min. ensaio de Iker Arraztoa (V). ST: 5 min ensaio de Riki Tukaki (V); 10 min ensaio de transformado por (B); 19 min ensaio (B); 24 min ensaio (B), 30 min ensaio de Vicente Prieto (V), 35 min ensaio (B).