Cabecera Vide

Iveco Universidade perde ante o líder Getxo por 31 a 8

374ruckvigoDifícil partido era o que lle esperaba ao Iveco Universidade Vigo Rugby no País Vasco ante o Getxo Artea Rugby Taldea. Presentouse o equipo vigués con un cambio con respecto ao partido da semana anterior, entraba Fernando Millara de segunda liña e pasaba Mariano Berlande ao posto de oitavo polo lesionado Juan Pablo Macedo.

O partido comezou cun Iveco Universidade moi relaxado que aos 10 minutos do partido xa perdía 16 a 0, produto de 1 ensaio convertido e 3 golpes de castigo a paus do Getxo do apertura local Linkater. A partir de aí o equipo local controlou o partido a través da excelente patada do apertura local neozelandés poñendo o xogo sempre nas 22 do equipo vigués e convertendo con gran seguridade cada vez que tiraba a paus. Un golpe máis convertido por Getxo e outro convertido polo Iveco Universidade deixaba o marcador parcial de 19 a 3 para irse ao descanso.

No segundo tempo o Iveco Universidade ordenouse mellor no campo e ganduxaba xogadas de gran calidade trasladando o balón dun lado ao outro do campo, pero non lograba apoiar. Nunha xogada deste período o primeira liña Gustavo Gainzaran viu a tarxeta amarela polo que deixou ao equipo con 14 durante 10 minutos, momento no cal nunha xogada ensaiou Getxo aumentando as distancias. Un ensaio máis convertido por Getxo e quedaba o resultado de 31 a 3. No último minuto recortou distancias Vigo tras unha grande xogada de equipo apoiada por Jon Arrizabalaga, autor dos 8 puntos vigueses.

A pesar da ampla vitoria que reflicte o marcador final a diferenza no xogo non era tan evidente. Getxo capitalizaba todo o seu xogo nos 3 xogadores neozelandeses de grande calidade que contratou para este ano, mentres Vigo non finalizaba con éxito as súas xogadas debido á falta de confianza. Derrota que chega a principio de tempada e serve para dar un toque de atención aos xogadores vigueses, advertindo da competitividade da división de prata do rugby español. O próximo domingo visitará o campo do CUVI o Oviedo Feve RC, líder actual da categoría, que venceu por 18 a 3 ao FC Barcelona. Nos outros partidos BUC e Hernani empataron a 23, e Durango venceu o último e recén ascendido Uribealdea Rugby por 27 a 7. Oviedo é líder con 13 puntos, seguido de Getxo con 12, en terceira posición marchan Durango e Iveco Universidade con 8, con 5 FC Barcelona, con 4 Hernani, con 3 puntos BUC e pecha a táboa Uribealdea con 0 puntos.

IVECO UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Ignacio Román, Oscar Ferreras, Gustavo
Gainzarain; Fernando Millara, José María Fernández ©; Francisco Usero,
Agustín Bargiela e Mariano Berlande; Alberto Mera, Riki Tukaki, Carlos De
Cabo, Jon Arrizabalaga, Carlos Blanco, Mauro González e Iker Arraztoa.
Ingresaron: Vicente Prieto, Gonzalo Valencia, Alberto ampos Fonseca, Adrián Fernández, Marco Visoná e Clovis.