Cabecera Vide

O Iveco debuta na casa con Norm Maxwell

375ivecosetembro2010Este domingo 10 de outubro de 2010 ás 12.00 h no CUVI disputarase a segunda xornada da División de Honra B española entre o Iveco Universidade Vigo Rugby e Hernani Rugby Elkartea.

Será a oportunidade para ver en acción por primeira vez na casa ao conxunto olívico e as súas novas fichaxes contra o potente equipo vasco que perdeu no seu do de primeira xornada con FC Barcelona.

Pola súa parte o Iveco Universidade chega coa moral alta despois de gañar a BUC e marchar nos primeiros postos da táboa. O partido creou grande expectativa entre os afeccionados ao rugby en Vigo e outras cidades galegas polo que espera unha importante afluencia de público.