Cabecera Vide

O Ednon Universidade arrastra o CRAT na final da Copa Xunta de Galicia por 67 a 0

O Ednon Universidade de Vigo R.C. proclamouse campión, unha vez máis, da Copa Xunta, logo de superar sen inconvenientes, a CRAT por 67 a 0.

Un resultado que mostra claramente a diferenza de nivel que hai entre os dous mellores equipos de Galicia.

Dende o inicio do xogo, o equipo de Babini foi superior, mostrando boas accións, tanto cos seus dianteiros, como cos seus tres cuartos.

CRAT conseguiu aguantar durante os primeiros 20 minutos, onde mostrou certo orde e boa defensa, pero logo, con correr dos minutos, os ocos foron aparecendo, sendo capitalizados por accionar do conxunto vigués.

Alberto Campos, Mauro Álvarez, Ignacio Lobón, Joaquín Maguna Lago, Fernando Millara marcaron os ensaios na primeira etapa. Álvarez transformou 3 deles e un golpe de castigo para deixar o encontro cun parcial de 34 a 0.

No complemento, Vigo seguiu rompendo a defensa do conxunto coruñés dende o inicio.

Nicolás Martínez, Javier Parga, Gonzalo Valencia, Iker Arraztoa e Joaquín Maguna Lago ensaiaron, Mauro Álvarez marcou unha nova transformación, mentres que Maguna Lago anotou outras tres.

Vigo pechou así unha grande actuación na Copa Xunta, logrando 197 tantos ao seu favor e tan só 3 en contra en tan só 3 encontros.

EDNON VIGO R.C. "A": Nicolás Martínez, Vicente Prieto, Ignacio Román; José María Fernández, Ignacio Lobón; Fernando Millara, Iván Conti e Mariano Berlande; Alberto Mera, Joaquín Maguna Lago, Javier Parga, Alberto Campos, Jon Arrizagalaba, Carlos De Cabo e Mauro Álvarez. Ingresaron: Gonzalo Valencia, Iker Arraztoa, Carlos López Marqués, Mariano Pereira, Cristian Añido, Juan Rodríguez e Francisco Usero. Adestrador: Aníbal Babini.

As rapazas do Universidade confirman o seu bo momento de xogo e a punto está de dar a sorpresa

O conxunto feminino de Vigo R.C. quedou moi preto do triunfo na final da Copa Xunta ante CRAT. Favorito antes do encontro, recén puido sacar a diferenza final de 11 a 5 no complemento. Durante os 70 minutos, non puideron modificar o empate en 5. Con moita emoción, Vigo xogou a final mostrando bo xogo e moito corazón.

O conxunto subcampión jugo con 14 xogadoras en todo o encontro e a pesar da xogadora de menos, a coraxe e a tenacidade mostrada polas viguesas foi suficiente para asustar as campioas, que non contaron coas 3 xogadoras internacionais.

No inicio do xogo, Vigo mostrouse ordenalo e logrou chegar ao ensaio. Logo dun ruck fronte aos paus, xogaron por dereita, para que Patricia Canel marque o ensaio na súa despedida do equipo.

Ante a sorpresa, as coruñesas buscaron o seu ensaio e estiveron moi preto de logralo, pero Margarida Montes Barreiro evito o tanto cun espectacular placaje cando a xogadora de CRAT estaba xa en zona de ensaio a punto de marcar.

Montes tivo a súa oportunidade para estirar a vantaxe, pero o seu intento, logo dun golpe de castigo, deu no poste.
No complemento, o partido non se modificou. Vigo seguiu defendendo e aproveitando cada oportunidade co balón para chegar á zona de 22 coruñesa, pero sen poder capitalizalo no resultado.

Montes volveu ter dúas oportunidades nos seus pés, pero os seus disparos fóronse apenas desviados.

A falta de 15 minutos, Mónica Castelo logrou a igualdade e enviou o encontro a tempo suplementario.

Durante os 20 minutos finais, Helena Rodríguez foi a clave do equipo campión. Cun golpe de castigo transformado e un drop, logrou sacar a vantaxe final de 11 a 5 para quedar coa Copa.

VIGO R.C.: Lydia Matías Batista, Verónica Arias, Ana Broullón; Raquel Martínez, Andrea Hermida; Irene Álvarez, María del Carmen Rodríguez e Jesica Buezas; Charo Parada, Berta Álvarez, Sandra Trillo, Ronsel Rodríguez Araujo, Patricia Canel e Margarida Montes. Adestradores: José María Fernández e Ignacio Lobón.