Cabecera Vide

A mensaxe a lomu do Vigo Rugby Club, mellor campaña española de relacións coa comunidade

mensaxebotellanoticiaA consultora de comunicación Torres e Carreira conseguiu tres novos recoñecementos profesionais na III edición dos Premios ADECEC que anualmente convoca a asociación española de consultoras de comunicación, e que dá cita ás máis destacadas compañías do sector a nivel nacional.

A campaña "Mensaxe na botella" realizado por Torres e Carreira para o equipo infantil do Vigo Rugby Club foi recoñecida como a mellor campaña de Relacións coa Comunidade, nunha categoría na que competía con outras dez compañías. "É un premio á valentía dos nenos do Vigo Rugby Club", explica Xurxo Torres, director xeral de Torres e Carreira.