olivo xogadaAs rapazas do Olivo caeron pola mínima na súa visita onte ao CE Seagull de Badalona (1-0), no partido de ida da fase de ascenso a Primeira División. Dolorosa derrota nun partido moi igualado onde as ocasións máis claras foron para as olívicas. Este domingo recibirán as de Badalona no Municipal Pahíño (12 h.) e están obrigadas a remontar o gol encaixado onte.

Nas outras eliminatorias o Tacuense e o Madrid CFF empataban a un gol (1-1), mentres que o Logroño caía ante o Betis (1-2) e o Lorca Féminas e o Femarguín pechaban o choque sen goles (0-0).