sardoma olivoO Sárdoma levou o derbi ante El Olivo (1-0) no derbi vigués que pechaba a tempada en Segunda División feminina. As de David Ferreiro xa preparan a fase de ascenso. O sorteo terá lugar hoxe mércores e a primeira eliminatoria xogarase entre a última fin de semana de maio e o primeiro de xuño.

Entre os equipos clasificados, El Olivo ten referencias do Tacuense e o Femarguín canarios, aos que xa se enfrontou nos últimos anos na mesma loita polo ascenso.