olivo erizanaAs rapazas do Olivo, líder en solitario do grupo I da Segunda División, venceron o domingo o último da clasificación, o Erizana por 2-5. O derbi deulle os puntos suficientes ás olívicas que de vencer esta fin de semana ao Ave Fénix Racing proclamaríanse campioas de Liga. O encontro terá lugar este domingo, 3 de abril, ás 12:15 horas no Campo Municipal Pahíño.