olivo friolEnfróntanse este domingo os dous equipos mellores do Grupo 1 da Segunda División de fútbol feminino, separados por nove puntos, o Peluquería Mixta Friol, segundo e cun partido menos e El Olivo vigués. Os dous equipos levarán as súas formacións de gala, será un partido moi competitivo e co aliciente de que será retransmitido pola TVG en directo. O do comezará ás 12 horas en Campo Municipal da Reigosa, en Lugo.