Vitoria do Olivo Caixanova

Imprimir

Segue puntuando o Olivo Caixanova nesta ocasión ao sempre complicado campo da cidade de Burgos.

Empezou o club olívico asediando a portería contraria dende os primeiros minutos por medio de Anair e Buceta. E xa no minuto 13 Anair aproveita un bo servizo de Anita para subir o primeiro tanto ao electronico. Este tanto non seco a sede de ataque da oliveira e seguiría en acoso por medio de remates de Anair e Cris.

O segundo tanto non se faría esperar cando un bo pase de Anair é aproveitado por Lorto para subir o 0-2. E 8 minutos despues Ana Buceta subia o terceiro ao aproveitar outro servizo de Anair.

Isto fixo espertar ás burgalesas que farían esmerarse a Carlota nunha bonita parada que despexa a corner.

O segundo tempo volveu coa tónica inicial e xa ao pouco de empezar unha galopada de Albita por banda se encargarian entre a porteira e o poste de estragarla.

Pasaban os minutos e o partido parecía claro para as viguesas. E aínda mais cando unha bonita triangulación entre Anair, Anita e Ana Buceta era rematada por esta ultima para subir o cuarto ao electronico.

Nos ultimos minutos de partido conseguirían o tanto da honra por mediación de Loreto. O resultado é positivo para seguir o ronsel do líder, o Reocín.

NTRA. SRA. DE BELÉN 1
EL OLIVO CAIXANOVA 4

Domningo, 7 de febreiro de 2010. Burgos.