OlivoAs rapazas do Olivo enfróntanse en segunda rolda ao CD Femiastur "A" (domingo 12.15 h. Navia). O equipo avilés ten no seu medio campo e defensa as súas principais armas, proba diso é que son as menos goleadas da categoría despois das viguesas, só encaixaron 19 goles. Pelexada vitoria das olívicas na súa vista a terras asturianas (0-1). Davis Ferreiro ten unha baixa importante, a centrocampista Mónica por lesión, pero as xogadoras seguen co ánimo de levar de novo os tres puntos e seguir imbatidas esta tempada.