O Olivo Caixanova paga caro os erros e acaba empatando

Imprimir

Partido disputado nunha mañá gris que xa nos indicaba como seria o partido, un partido nas que primeiro avisaron foron as abulenses xa que aos 3' carlota ten que esforzarse para atallar o tiro dunha falta votada porpatricia, sería Albita por parte das olívicas a que no 9' e 10' dispuxese de dúas ocasións para adiantar ao seu equipo pero primeiro a porteira e a mala puntaría despois fixeron que non subise o tanto ao marcador.

 No 18' foi Anita a que dispuxo dunha boa ocasión para inaugurar o tanteador pero o seu tiro ao saque dunha falta foi mansamente ás mans da porteira visitante. Seria entón cando golpearon as abulenses e un fallo nas marcas fai que Elvira suba o 0-1 ao marcador de "A Mina, como case sempre as viguesas tiveron que remontar e foi no 32' cando Sarita mete un pase en profundidade para que Anair puxese as táboas no tanteador, e 7 minutos mais tarde un centro de anita ao saque dunha falta é aproveitado por Anair para poñer o 2-1. Puideron as pupilas de Edu remachar ás de Ávila no 42' nunha boa xogada entre Anair e Albita pero o balón non quixo entrar.

Tras a reanudación mais do mesmo, O Olivo Caixanova quería sentenciar pero o balón seguía caprichoso, dous remates case seguidos, un de Anair e outro de Clo puideron sentenciar o choque, pero outra vez un fallo de marcas á saída nun corner fai que patricia remate soa e a indecisión entre carlota e unha defensa fai que o balón se cole dentro e suba o 2-2 ao marcador de "A Mina". Foi entón cando as abulenses comezasen a perder tempo e aparecese a figura do colexiado non sinalando bastantes faltas a favor das viguesas e ata un penalti facendo caso omiso ás indicacións que o marcaban os seus auxiliares.

Con este empate e a vitoria do Reocín, o cadro olívico segue segundo a sete puntos do líder e con dez puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado.

Árbitros:  Francisco Soto, Miguel de Castro (auxiliar) e Oscar Cerqueira (auxiliar)
Amoestacións: F.P.R. O Olivo Caixanova: Albita no minuto 84. Casa Social Católica: Eva no minuto 7. Julia no minuto 86. Goles: Elvira 26', 1-1 Anair 32', 1-2 Anair 39', 2-2 Patricia 66'.
Campo: "A Mina ante uns 200 espectadores.

O próximo choque do F.P.R. O Olivo Caixanova será en Burgos contra o Nuestra Señora de Belén o domingo 7 de febreiro ás 11:15.