Cabecera Vide

Colosal triunfo do Olivo

El Olivo venceu ao Erizana por un contundente 13-0, na mañá de onte no Municipal Pahíño. As viguesas foron superiores ás de Baiona, que pouco puideron facer ante a superioridade local, como era previsible. As rapazas de David Rodríguez seguen apuntando á fase de ascenso. Onte deron outro paso máis para iso. Esta fin de semana desprazaranse a terras cántabras para enfrontarse ao CDE Ave Fénix Racing.