Cabecera Vide

Importante vitoria do Olivo Caixanova

Importantes 3 puntos do Olivo Caixanova na súa pelexa por dar caza o líder da categoría. Presentábase un partido complicado, tal como foi, pois se enfrontaban o 2 e o 3 da categoría.

Tivo O Olivo nada mais empezar importantes ocasións de subir o primeiro tanto ao marcador pois xa no minuto 3 Loreto remata unha boa ocasión a portería. E ao minuto sigueinte un boa xogada entre Loty e Buceta era desviada pola porteira a corner.

Pasaban os minutos e O Olivo seguía tendo boas ocasións en lso pés de Buceta pero non remataba de atopar portería.

O primeiro remate con perigo delas seria no minuto 30 un tiro afastado que salgue rozando o longueiro. Isto fixo espertar á O Olivo Caixanova que en poucos minutos encontraria o premio ao seu esforzo cando un maxistral pase de Anita deixaba a Loreto diante da porteira para subir o Primer tanto ao marcador.

Con este resultado as viguesas íanse ao descanso. Saía o León con moitas ansias nesta segunda parte cando no minuto 10 fan un tiro á travesa avisando que a segunda parte non ía ser doado. Complicándose minutos despois cando Ana Buceta sofre unha expulsión por unha entrada por detrás a unha xogadora que non chega a tocar.

Quedaba O Olivo con 10 xogadoras e 25 minutos por diante para defender o solitario gol de Loreto.

E así foi. Conseguiuse aguantar o resultado, ata o final do partido sumando outros 3 puntos moi importantes que distancian ás viguesas dos seus perseguidores e manteñen as distancias co líder.

León F.F.: Vero, Verónica, Marta, Maider, Ángela (min. 52 Sara), Maria J. Orballo, Cris, Priscila (min. 52 Adela), Elba (min. 61 Danae) e Yolanda.
O Olivo Caixanova: Carlota, Alba, Paula, Sara, Ana Buceta, Loreto, Clo (min 80 Lucía), Anita, Loty, Sara e Marta.

Árbitro: Jorge Martínez
Goles: 0-1 Min. 36 Loreto
Tarxetas: Por parte local amoesto a Elba e Maider. Por parte visitante amoesto a Loreto e Anita e expulso con vermella directa a Ana Buceta.