Cabecera Vide

Derrota pola mínima do Olivo na súa loita polo ascenso

El Olivo perdeu onte pola mínima o partido de ida da segunda rolda da fase de ascenso a máxima categoría de fútbol feminino. As rapazas de David Ferreiro, caeron derrotadas ante o Oiartzun (2-1) no seu feudo. Un resultado esperanzador de cara a afrontar este domingo, no Municipal Pahíño ás 12 h., o partido de volta coa ilusión de superar a eliminatoria e lograr o billete para o ascenso.