Cabecera Vide

O Olivo suma e segue

O Olivo Caixanova segue facendo da súa casa un seguro, xa que nesta tempada ninguén puido puntuar en A Mina. Esperaba un partido complicado posto que xa na ida foi un partido moi disputado que atraese a moito público ao campo do Erizana.

Todos os ingredientes para un bo partido. Empezou moi asentado o Olivo no campo con xogadas de moitos toques que facían presaxiar un dominio claro das olívicas. Pero foi ao contrario cando mellor xogaba o Olivo chegou o gol das visitantes por mediación da ex olívica Carla. Este gol non sentou nada ben ás olívicas que aínda que o seguiron intentando toda a primeira parte non conseguiu empatar o partido antes do descanso.

Xa na segunda metade co Olivo asentada no xogo logrou empatar por medio de Anair nun balón soltou nun rexeite. E no minuto 64 Loreto poñía en vantaxe ás locais cun tiro dende fora do área. E xa no 71 de novo Anair poñía o definitivo 3-1 no marcador.

Bo resultado do Olivo Caixanova que segue o ronsel do líder intentando dalo caza na clasificación.

OLIVO 3 - ERIZANA 1
Domingo, 17 de xaneiro de 2010.

Olivo Caixanova: Carlota, Cris, Albita, Vicky(min 28 Marta), Cuchi, Clo, Buceta, Loreto, Anita, Anair(Min 73 Lotty) e Sarita.

Erizana C.F.:Anny, Elena, Eva, Loles(min 89 Bea), Ana M., Cinthia(min 69 Yaiza), Maria, Cris, Carla, Silvia Y Jenny.

Árbitro: David Martinez Barciela.

Tarxetas: Por parte da Oliveira Caixanova expulso a Cris por dobre amarela. Por parte do Erizana amoesto a Silvia.

Goles: 0-1 Min 25 Silvia; 1-1 Min 55 Anair; 2-1 Min 64 Loreto; 3-1 Min 71 Anair.