Cabecera Vide

Aínda hai liga para o Olivo Caixanova

Un fortin segue tendo o Olivo Caixanova no monte da Mina onde esta fin de semana caeu o lider da categoria, o Reocín. Saltaba o cadro vigues a xogar coa novidade de Sarita fichada no mercado navideño, e que daba ás viguesas un plus para este partido.

Non obstante e como xa lle paso noutros partidos ás Olivicas non entran coa contundencia necesaria e o primeiro cuarto de hora foi de dominio das visitantes. Cando o Olivo Caixanova se comezaba a asentar no campo llegaria no minuto 25 o gol das visitantes que sacan froito dunha falta lateral que cabecea Cris para conseguir adiantarse no marcador.

Non tardaría o Olivo en empatar o partido por medio de Anair que consiguio empatar o partido no minuto 33 tras encarar a porteira e aproveitar o seu rexeite.E de novo Anair, que foi un pesadelo para as defensas visitantes, consegue gañarlle no salto á porteira e no minuto 38 poñía ás viguesas por diante.

Con este resultado se chegaría ao descanso. Tras a reanudación e cando só ían 5 minutos un remate de Clo é rexeitado nas mans dunha xogadora contraria dentro do área e o árbitro decretaría penalty que non desaprovecharía Ana Buceta.Esta mesma xogadora no minuto 74 se inventaria un golazo ao soltar un forte disparo dende o pico do área á que a porteira non puido facer nada para atallalo.

Este resultado é moi importante para o cadro olívico pois acurta puntos co líder e lles sitúa cun marcador moi interesante de cara a un posible empate a puntos. Resaltar no partido a actuación de Anair en ataque contribuíndo cos seus dous goles, e a Cuchi en defensa que organizo o equipo dende atrás e lle deu unha solvencia na saída de balón. No seu próximo partido as viguesas reciben ao Erizana de Baiona.

Olivo Caixanova: Carlota, Cris(Min 88 Loty), Albita, Vicky(min 66 Marta), Cuchi, Sara, Buceta, Loreto, Anita, Anair(Min 66 Claudia) e Sarita(Min 45 Clo).

S.D. Reocin: Bea, Alexandra(min 69 Beatriz), Ana, Maria(Min 59 Xeila), Rocio, Alba( min 81 Sara), Sandra, Marta, Cris, Lucia e Sonia(Min 59 Silvia)

Árbitro: Pablo Alvarez

Tarxetas: Por parte do Olivo Caixanova amoesto a Vicky e a Cris. Por parte do Reocin amoesto a Alba e a Ana.

Goles: 0-1 Min 25 Cris; 1-1 Min 33 Anair; 2-1 Min 38 Anair; 3-1 Min 50 Buceta; 4-1 Min 74 Buceta