Partido benéfico a favor de ASEM no Municipal Pahíño

Imprimir

O CCAR Valladares (campión da liga autonómica), e El Olivo (1º Clasificado da 2ª División de fútbol feminino - Grupo I), enfróntanse nun partido benéfico a favor de ASEM (Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares), o domingo, 23 de febreiro, ás 12 h. no Municipal Pahíño de Navia. Os equipos queren colaborar para recadar fondos a favor desta asociación. Aínda que a entrada ao partido é gratuíta, no mesmo partido venderanse rifas e sorteásense regalos. Todos eles doados polo comercio local e tamén haberá exposición de varios talleres para dar a coñecer esta enfermidade considerada "enfermidade rara".

Os dous adestradores, Charly del Olivo e Gabi do Valladares, porán no terreo de xogo as súas aliñacións titulares para ofrecer un grande espectáculo.

Colaboran: Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, delegación de Fútbol de Vigo e Colexio de Árbitros de Vigo.