Cabecera Vide

Fútbol de calidade este domingo en Navia

Interesante partido o que enfrontan ao Olivo e a Escuela de Fútbol Mareo este domingo, ás catro e cuarto, no campo municipal Pahíño. Por un lado as viguesas imbatidas despois de oito xornadas. E polo outro, as asturianas que figuran no posto sétimo da táboa, pero cun xogo moi vistoso e de trato especial ao balón.

As rapazas de Juan Carlos "Charly" están dispoñibles a excepción de Crisa. A xogadora segue no dique seco coa perna aínda lesionada e tamén hai a dúbida da porteira, Ani. Aínda así o equipo espera sumar a súa novena vitoria e dar outra tarde de gloria á súa afección.