O Olivo recibe en Navia ao Barbadás

Imprimir

O Olivo recibe ao Barbadás de Ourense este domingo no Municipal Pahiño. O equipo ourensano esta realizando unha gran campaña, con 16 puntos, figura no terceiro posto da táboa cun solo partido perdido, todo debido ás grandes fichaxes que este equipo realizou esta tempada.

O adestrador vigués, Juan Carlos García "Charly" conta con todas as rapazas para que o equipo sexa o único de 2ª nacional imbatido despois de 7 xornadas. Esperase unha boa xornada de fútbol este domingo, ás 12 h. en Navia.