O Olivo recibe ao Arousana en Navia

Imprimir

As Arousanas que están a facer unha boa campaña, veñen a Vigo dispostas a quitar as rapazas do Olivo a imbatibilidade. Para este partido o seu adestrador, Charly, conta con todas as xogadoras menos Loreto, que está de manobras, Ceci, que está lesionada, e Sheila, a porteira, que tamén está lesionada. As xogadoras viguesas están ilusionadas por manter o primeiro posto que tan brillantemente conseguiron en Friol a semana pasada.