O Olivo recibe ao Compostela

Imprimir

Na terceira xornada da liga 2ª Nacional Feminina o equipo vigués recibe ao Compostela, último clasificado sen puntos nos dous partidos xogados anteriormente. O Olivo suma as dúas vitorias, pero o equipo de Charly non remata de convencer a pesar de que esta tempada ten un equipo completo.

Para este partido hai unha baixa importante, a da goleadora Lombi, lesionada nun ombro no partido contra o Erizana C.F en Baiona.

Volve ao equipo a moza Carla Otero, polo demais o adestrador ten á súa disposición a todo o equipo.

Olivo - S.D Compostela
Día: Domingo 29 de setembro de 2013
Horario: 12:00 Horas
Campo: Campo Municipal Pahiño (Navia)